Sábado. 06.06.2020
El tiempo

Hugo, o primeiro ‘bibliobebé’ do 2020 en Camariñas

A entrega levouse a cabo antes do comezo do Estado de Alarma
A entrega levouse a cabo antes do comezo do Estado de Alarma
Hugo, o primeiro ‘bibliobebé’ do 2020 en Camariñas

Xusto antes do estado de alarma, a alcaldesa, Sandra Insua, e a concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro, facían entrega do primeiro agasallo do proxecto Camariñando, da Biblioteca Municipal. Un libro na súa lingua materna, un babeiro de encaixe e unha tarxeta de felicitación co lema: “Un nacemento e un libro son o comezo de todos os sucesos marabillosos”, para darlle á benvida ás criaturas deste 2020.

O primeiro bibliobebé é Hugo Rodríguez González, natural da Ponte do Porto. Hugo e os seus pais, Nerea González Sar e José Manuel Rodríguez Canosa, xa desfrutan na súa casa da Ponte do Porto dos regalos.

O obxectivo é vincular aos bebés e aos seus pais coa literatura, a biblioteca e a estética do encaixe xa que a promoción da lectura e o amor polo propio é a prioridade deste concello como elemento central do desenvolvemento dos nosos nenos e nenas.
“A política da biblioteca quere ser a de ter libros desde o primeiro día de vida, contos desde o berce. Converter o libro, do mesmo xeito que as nosas puntillas, nun instrumento da súa vida cotiá, nun instrumento de crecemento”, explicou Sandra Insua.

comentarios