xoves. 26.03.2026
El tiempo

Invitan, por razóns medioambientais e de autoestima colectiva, a colaborar na limpeza dos fondos do porto de Camelle

Limpeza dos Fondos de Camelle
Limpeza dos Fondos de Camelle
Invitan, por razóns medioambientais e de autoestima colectiva, a colaborar na limpeza dos fondos do porto de Camelle

O porto e o mar son o corazón da singular vila mariñeira  de Camelle, e lugar no que se desenvolve unha intensa vida social. A importancia de conservalo limpo ten razóns de saúde pública, pero tamén de autoestima colectiva e respecto mutuo. Así o entende o colectivo Mar de Fábula, que promove, xunto coa Confraría de Pescadores de Camelle e coa colaboración da asociación Naufraxios Galegos, unha limpeza de fondos no porto de Camelle. 

A cita desenvolverase este domingo 29 de marzo, ás 10:30 horas, coa intención de retirar toda sorte de refugallos que se teñen depositado no leito mariño, a carón do peirao, ao longo de moitos anos. 

Para completar o traballo dos mergulladores quue van apañar o lixo do fango, os organizadores solicitan a colaboración de persoas voluntarias da veciñanza de Camelle e de fóra de Camelle para axudar en terra ao traslado, caracterización e depósito do lixo mariño, sobre todo plásticos, que nunca máis volverán a envenenar as nosas augas.
A efectos das coberturas de seguros cómpre anotarse con nome, apelidos e DNI no correo : info@mardefabula.gal ou no tlfno : 608609042.

Contarán ademais co apoio de Carpinteria Fuentes S.C. de Camelle, Portos de de Galicia  e o Concello de Camariñas.

Máis novas

Comentarios