mércores. 30.04.2025
El tiempo

IES Pedra da Aguia coñeceu o Parlamento Galego

Patricia Iglesias no Parlamento Galego co IES Pedra da Aguia
Coa socialista Patricia Iglesias
IES Pedra da Aguia coñeceu o Parlamento Galego

Interesante visita a que protagonizaron os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Pedra da Aguia aos órganos executivo e lexislativo de Santiago, grazas ao programa “Coñece as túas institucións” da Xunta. 

Unha visita que completa unha semana moi activa neste pequeno centro da Costa da Morte, xa que o alumnado de 4º da ESO está a gozar da súa viaxe de fin de curso a Tenerife, mentres que o resto estivo implicado en diversas actividades como a participación no 30 aniversario de Ponte nas Ondas, a charla sobre a muller no deporte, e unha saída á praia de Arou para recoller e estudar o lixo que se acumula na praia.

No tocante ao Parlamento, en primeiro lugar, visitaron o Pazo do Hórreo, onde asisten os actuais 75 deputados autonómicos. Durante o percorrido polo edificio, ademais de poder contemplar as obras de arte que alberga esta institución, saudáronlles dúas parlamentarias: Carmen Pomar do PPG e Patricia Iglesias do PSG.

Os estudantes tiveron a oportunidade de ver o hemiciclo onde se sentan os deputados e aprobar as leis, aínda que non puideron velas, xa que traballaban en comisións.

Hemiciclo

Dende alí trasladáronse ao edificio San Caetano, sede da maioría das consellerías e tamén do executivo da Xunta. Durante a visita guiada coñeceron as máis de 3.000 persoas que diariamente alí traballan, o que en breve requirirá unha ampliación das instalacións.
Do mesmo xeito que no Parlamento, os estudantes visitaron as principais salas de decisión, como a Secretaría Xeral Técnica e a Presidencia, onde se sentaron e sentiron empoderados durante uns minutos.

IES Pedra da Aguia con Carmen Pomar
Con Carmen Pomar

 

A vindeira semana continuarán as actividades coa visita ás instalacións de Sogama e á Casa Grande de Xanceda.

Comentarios