Xoves. 25.04.2024
El tiempo

La Vuelta volverá rematar no Alto do Ézaro en 2016

La Vuelta volverá rematar no Alto do Ézaro en 2016
Fermosa imaxe de Jorge Parri de Purito gañando no Alto do Ézaro en La Vuelta 2012 Fermosa imaxe de Jorge Parri de Purito gañando no Alto do Ézaro en La Vuelta 2012 ”Como non vai vir”, respondíanos o pasado xoves o alcalde de Dumbría á pregunta de se La Vuelta volverá ao Ézaro en 2016. Xa hai un mes nolo deixara caer e hoxe podemos confirmar que La Vuelta 2016 terá un final no Ézaro. Unha edición que sairá con probabilidade o 20 de agosto dende Ourense e que terá a súa cita costeira o día 23. Reafírmase así o Alto do Ézaro como unha referencia internacional neste deporte, despois do grande éxito que volveu ser o Gran Fondo este ano. E seguirá espallando o nome do Ézaro, de Dumbría e da Costa da Morte. De feito, unha das intencións do grupo organizador é que a etapa pase pola fermosa pista entre Arou o Cabo Vilán, no tempo municipal de Camariñas. Cómpre salientar que esta aposta do Concello dumbriés pola Vuelta está dirixida a convertir a bisbarra nun núcle turístico de primeira orde. Os números falan e dende aquel 2012 cando Purito gañase etapa o turismo medrou na zona en mái dun 155%.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios