Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os murais sobre os naufraxios de Lar xa están expostos en Camelle, o mellor dos escenarios

Murais de Lar en Camelle
Os murais sobre os naufraxios de Lar xa están expostos en Camelle, o mellor dos escenarios

Continúa Suministros Lar fomentando a colaboración cos museos da comarca. Despois da iniciativa solidaria arredor do Museo da Pesca, a compañia ceense comparte os seus tesouros subacuáticos co Museo Man de Camelle.

Esta fin de semana levaron varios murais dos naufraxios, realizados por institutos e asociacións de persoas con capacidades diferentes, no marco do Concurso de Murais de Azulexo de Lar, ás portas do museo camellán. Serven así para poñer en contexto a todo visitante, que ve agora como dous barcos naufragados, o City of Agra, de orixe escocesa e afundida en 1897, e o buqye Serpent, de orixe británica e naufragado en 1890, regresaron a emerxer das profundidades do mar xusto diante do Museo de Man.

Presentacion Murais de Lar en Camelle-Tatiana e Encarna
Responsables de Lar e do Concello na presentación dos murais

Porque ademais do seu valor artístico, estes murais buscan transmitir coñecemento e promover o interese polo mar galego entre visitantes, e formarán parte do maior evento dedicado a un naufraxio en Europa, que se celebrará en Camelle os días 7, 8 e 9 Xullo deste verán de 2023.

Estas fascinantes obras de arte serán expostas durante o evento, sumándose ás 116 obras expostas en espazos público, creando un museo itinerante que visita lugares como Fisterra, Sanxenxo, Coruña, etc.

Novas relacionadas

Comentarios