Os murais de Azulexo de Lar exportan a riqueza marítima da Costa da Morte á Coruña

Continúan os Murais de Azulexo de Lar levando a cultura mariñeira da Costa da Morte polo país. Sanxenxo ou o Faro Fisterra son destinos habituais destas exposicións, aos que se une A Coruña, onde xa luciron os Faros durante o pasado verán.
Agora, o excelente espazo dA Marina volve convertirse nun museo a ceo aberto acollendo ata o 1 de marzo a exposición “Os Mariscos” creada na obra social de Subministracións Lar de Cee, no marco do seu Concurso de murais de azulexo Lar no que os protagonistas son estudantes de ESO e persoas con diversidade en risco de exclusión.
Un xeito de levar a cultura, arte, patrimonio e raíces, ademais da riqueza marítima da Costa da Morte á capital da provincia.
Estes murais están apadriñados cun manuscrito orixinal que se pode ler no mural, de escritores de comarca, a meirande parte do Batallón Literariio da Costa da Morte como Concha Blanco, Maria Canosa, Maria Lado, Modesto Fraga, Alexandre Nerium, Rafa Villar, David Creus, Miro Villar, Roberto Traba e Xosé Igrexas.
Entre os 20 murais realizados, destaca o do percebe, sobre o que a empresa ratifica o seu apoio á loita por conseguir ser considerado patrimonio inmaterial da Unesco.
Novas do Concurso de Murais
- Outubro 22: Murais en verso convirten o Faro Fisterra nun museo a ceo aberto.
- Agosto 22: Os Murais de Lar espallan o patrimonio subacuático da Costa da Morte por Sanxenxo.
- Concurso 2022: Un recoñecemento aos padriños do Concurso de Murais de Lar.
- Xuño 22: APEM leva o primeiro premio do Certame de Murais de Azulexo de Lar.
- Maio 22: Os centros de ensino mergúllanse no patrimonio subacuático gracias ao transversal Concurso de Murais de Azulexo.
- 2019: Por 1 millón de likes para a Costa da Morte
- 2019: Os murais de Azulexo da Costa da Morte renovan o museo urbano de Sanxenxo.
- 2018: Paz Lago: "Os murais de azulexo dos faros da Costa da Morte son perfectos para que os turistas inmortalicen Sanxenxo”.
- Agosto 18: Os faros de azulexo que ensinan a Costa da Morte a milleiros de turistas en Sanxenxo.
- 2016: Un mar de deportes acuáticos en clave de azulexo.
- 2014: Os Murais de Azulexo comezan a tomar forma nos centros de ensino.