Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Madrid acolle a presentación da Mostra do Encaixe de Camariñas

Madrid acolle a presentación da Mostra do Encaixe de Camariñas
cartel-mostra-encaixe-camarinas-2016 O concello de Camariñas e a delegación da Xunta de Galicia en Madrid presentarán o vindeiro mércores, 24 de febreiro, en Madrid a XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas. Ao acto acudirán o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López, o alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso de León, e a concelleira delegada de Promoción do Encaixe, Sandra Ínsua. Ofrecerán unha rolda de prensa que terá lugar na Casa de Galicia - situada na rúa Casado del Alisal, nº 8 - ás 12:30 horas. A XXVI Mostra do Encaixe celebrarase entre os días 23 e 27 de marzo, nas vacacións de Semana Santa. No certame participarán prestixiosos deseñadores de todo o territorio nacional, así como varias delegacións de países extranxeiro.     Novas relacionadas

Comentarios