Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Man de Camelle xa ten o seu proxecto de rehabilitación

Man de Camelle xa ten o seu proxecto de rehabilitación
En marcha a rehabilitacion do Museo de Man -Foto-Mandecamelle

É, sen dúbida, unhas das feridas abertas do Prestige. Cúmplense estes días 12 anos da morte de Manfred Gnädinger, Man, o Alemán de Camelle, e a día de hoxe o seu legado, ese curioso museo ao aire libre que creou durante 30 anos arredor da súa casa, aos pés do mar, esmorece.

Pero parece que a rehabilitación está encamiñada pois, polo Aniversario do seu pasamento, o Concello camariñán e a Fundación Man, armou unhas conferencias baixo o lema: “Man: Mar, Arte e Natureza”. Unha xornada que servíu para saber que xa está en marcha o proxecto de redacción para reconstruir a caseta de Man, encargada ao arquitecto ceense Juan Creus.
Levan tempo preparando a memoria, a través da cal conseguiron todos os permisos, e agora toca levar a cabo baixo a súa supervisión a reconstrución.

Esa foi a mellor nova dunha xornada, celebrada o pasado domingo, na que Carmen Hermo, doutora en Bellas Artes e coordinadora do proxecto das 4 emes, deu unha conferencia sobre a vida e obra de Man, para rematar coa explicación do proxecto que se está facendo.

Carme Hermo durante a charla do domingo sobre Man de Camelle

Proxecto de Rehabilitación

Un traballo de rehabilitación que conta con máis de 115.000€ dos fondos europeos que chegan a través do GAC, ademais dos 60.000 aportados polo Concello.

Consta de dúas fases, na primeira que xa se rematou consistíu na Creación Identidad Corporativa e da Páxina Web que xa está on line e que se pode ver en www.mandecamelle.com. Creouse ademais unha aplicación informática para a Catalogación, un rexistro, inventariado, marcado, fotografiado, embalaxe e almacenamento de case 3000 pezas da obra de Man, emais o deseño da exposición.

A segunda fase, que se fará a partir de xaneiro, terá como puntos máis importantes:

  • A preparación da exposición coa instalación dos módulos expositores.
  • Dotar o espazo de medios audivisuais, creación de vídeos da vida e obra de Man, etc.
  • Proxecto de realidade aumentada.
  • Deseño de sinalética e instalación por varios puntos.
  • Construción dunha estatua mimética de Man.
  • Redacción de folletos e material promocional.
  • Impartición de cursos do produto turístico MAN.
  • Realizarase un obradoiro sobre “Mar, Arte e Natureza”.

Boas novas para Man e para toda a Costa da Morte, como recoñece o propio Chisco Fernández Naval.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios