venres. 13.06.2025
El tiempo

Mar de Fábula fai un chamamento para limpar os coídos do Trece

Coidos do Trece e Monte Branco
Coídos do Trece co Monte Branco ao fondo
Mar de Fábula fai un chamamento para limpar os coídos do Trece

Lugar marabilloso, pero moi afastado e polo tanto case que esquecido, o que visita este sábado o voluntariado de Mar de Fábula. A entidade fai un chamamento para ir limpar os coídos do Trece, en Camariñas.

Recoñecen que este inverno, os operarios de Tragsa enviados pola Xunta xa limparon esta zona protexida retirando varios "big bags" cheíños de lixo. Gracias a isto, na actualidade non hai moito material contaminante, pero entenden que si é necesario unha limpeza nos coídos, para manter un dos recunchos máis queridos e admirados da Costa da Morte.

A cita será o sábado, 14 de xuño ás 11.30 horas con quedada no aparcamento do Cemiterio dos Ingleses.
Levarán o material necesario para acometer esta limpeza, pero cómpre anotarse a efectos de cobertura de seguros con nome, apelidos e DNI, no correo electrónico: info@mardefabula.gal ou no teléfono: 608609042.

Comentarios