Mar de Fábula retoma a actividade medioambientais
09:26 29/06/20
Un grupo de nenos de Camelle, coas debidas medidas de protección, esta mañá de sábado puxeron en xogo as súas mans e a súa imaxinación para facer creacións artísticas co lixo plástico que Mar de Fábula ten estibado, limpo e preparado no seu local.
É o primeiro obradoiro que a asociación organiza na súa sede de Camelle neste tempo estraño no que estamos a vivir.
Así, cada mañá de sábado dos meses de xullo e agosto farán estes obradoiros, de aforo limintado pero abertos a todas as familias, que teñen por obxectivo estimular a súa sensibilidade e coñecemento do medio para defender e protexer aquelo que é parte esencial da súa vida cotián: o seu mar.