Martes. 13.04.2021
El tiempo

En marcha a renovación da iluminación exterior do campo de fútbol Hermanas Patiño

Campo Hermanas Patino
En marcha a renovación da iluminación exterior do campo de fútbol Hermanas Patiño
O Concello de Camariñas adxudicou onte en Xunta de Goberno Local o proxecto para a renovación da iluminación exterior do campo de fútbol Hermanas Patiño, que conta cun orzamento de 39.974,9 euros e está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Os traballos que se levarán a cabo consisten en desmontar as actuais luminarias existentes nas 4 torres e substituílas por outras con tecnoloxía LED. Ademais, instalarase un novo soporte para poder incorporar outros dous focos e que sexan 6 os instalados en cada torre.
Este proxecto permitirá un aforro na factura do 73% con respecto ao gasto que tiñan as anteriores luminarias, e reducirase a emisión de CO2.

comentarios