Xoves. 25.04.2024
El tiempo

MerCamariñas xa fai vendas internacionais

Calzados Silvia Camarinas
MerCamariñas xa fai vendas internacionais

Continúa medrando a Plataforma de venda online do comercio local de Camariñas. MerCamarinas xa ten realizado a súa primeira venda internacional. Concretamente foi en Amsterdam (Países Baixos) onde unha persoa adquiriu dous pares de zapatillas con caricaturas dos Beatles da tenda Calzados Silvia. O cliente, contactado ao verificarse a compra, explicou que encontrou este calzado facendo unha busca a través de Google e que quedou encantando co servizo, asegurando que ía a gardar a web para facer futuras compras.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destaca “o potencial de ‘MerCamariñas’, que abre moitas portas ao noso comercio local, permitíndolles expoñer os seus produtos, que son de moita calidade, máis alá do noso municipio e, como acabamos de comprobar, chegando incluso fóra das fronteiras do país”. “Ogallá repitamos moitas destas compras”, afirma.

Comentarios