Venres. 19.04.2024
El tiempo

MerCamariñas cobra máis sentido por Nadal

sorteo-cesta-mercamarinas-black-friday
Como no BlackFriday, MerCamarinas tamén traerá o sorteo dunha cesta
MerCamariñas cobra máis sentido por Nadal

Todo o sentido do mundo cobre o proxecto MerCamariñas en pleno Nadal. Toca facermos compras, pero que polo meno sexan locais e fomenten que mellore a nosa economía. Para iso está https://mercamarinas.com, para axudarnos a decidir dende a casa, pois a ctualmente a plataforma xa conta con máis de 1.000 produtos.

O Concello repartirá 400 euros en total entre aquelas persoas que decidan facer as súas compras de Nadal durante estes mes de decembro na plataforma online ‘Mercamariñas’, “o Amazon da Costa da Morte”.
Así, por cada compra realizada nos establecementos adheridos a esta tenda en liña impulsada polo Concello entrarán nun sorteo de 10 vales de 40 euros para gastar en calquera dos locais de hostalería do municipio, contribuíndo a dinamizar estes dous sectores.

Formación e Qr

SesiónFormativaMercamariñas

Por outra banda, fíxoselles entrega a cada un dos establecementos da plataforma dun código QR para colocar nas portas da súa tenda co obxectivo de que, cando estea pechada, a través dese QR se dirixa aos clientes ao seu espazo propio en ‘Mercamariñas’.

Antes tiveron unhas xornadas formativas para saber utilizar a plataforma.

QRMercamariñas

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios