Martes. 19.03.2024
El tiempo

MerCamariñas estrea unha newsletter para promocionar os seus produtos na rede

Reunión Mercamariñas
MerCamariñas estrea unha newsletter para promocionar os seus produtos na rede
Para que a xente compre na túa tenda online, hai que facer que cheguen a ela. De aí que o Concello de Camariñas promocione ‘MerCamariñas’, a súa central de venta en liña para o comercio local, cunha newsletter. Trátase dun boletín informativo para promocionar os últimos produtos e ofertas que se publiquen na plataforma.

Todas aquelas persoas interesadas en recibila no seu correo electrónico poden anotarse na propia web do programa e recibirán así, todos os luns ás 11 horas, este boletín para dar a coñecer as novidades que os clientes poden atopar no Amazon da Costa da Morte.

Comentarios