"Moita xente viu probar as algas. E gustáronlle"
”Saiu todo ben. Hai que repetir. Esa foi a sensación xeral na vila do Encaixe valorando o éxito da I xornadas “Algas en Camariñas – O Encaixe do Mar”. Unha actividade organizada polo Clube Náutico de Camariñas e na que colabora o Concello de Camariñas, a Asociación de Empresarios do municipio e a empresa Portomuiños. Unhas xornadas necesarias, para decatarnos do tesouro que temos nas nosas rías que non sabemos aproveitar.
Xa o ano pasado o Club artellou unha xornada específica, cunha saída ao mar para recoller algas (coma se fosen cogumelos) e posterior preparación de degustación. E fan falta esta clase de actividades para ir introducindo as algas na nosa gastronomía.
”Os locais quedaron satisfeitos porque aínda que non foi tremendamente masivo, a xene que probou, gustoulle. Pero é normal. É a primeira vez e a realidade é que non estamos educados para comer algas. Hai que ilas introducindo a modiño, porque non a todo o mundo lle gusta. Hai xente que nin quere probar, pero tamén houbo xente que viu a Camariñas preguntando por elas, da Ponte do Porto, pero tamén de outras zonas da provincia. Os hostaleiros queren repetir, e agora tócalle ao boco a boca ir paladeando as tapas, para que o ano que vén, por estas datas, na Ponte da Constitución, organicemos as segundas Xornadas”, sinala a presidenta dos Empresarios Olga Campos.
Hai que ver a boa pinta que tiña esa empanada de atún algas, ou o ricas que estaban as tortitas de camarón con algas, unha tapa en cada un dos establecimentos participantes: Clube Náutico de Camariñas, O Curbeiro, Komarea, Gaivota, Moleda, O Percebe, A Ría, O Bico, Oasis, A Mariña Vila de Ouro, Stella del Mare, Porto Arnela.
Máis actividades
Charla sobre algas del biologo Alfredo Veiga no Faro VilánEn canto as actividades paralelas, pensadas para que os visitantes tiveran máis cousas que facer, cómpre destacar o éxito do desfile. Participaron 7 comercios de Camariñase unha marea de veciños de todas as idades facendo de modelos. Familias e amigos encheron a praza do Concello para disfrutar da pasarela local.
De volta ao tema das algas, tanto a conferencia que tivo lugar o sábado, dada por Alfredo J. Veiga Villar, doctor en Ciencias Biológicas, como as visitas guiadas, como a ruta que se fixo o domingo para a recollida de algas tiveron unha boa aceptación. O biólogo falou no Frao das bondades das propiedades das algas, que teñen moitas vitaminas, proteínas… e valen para todo, para o cutis, protector de estómago, como emulxentes para cantidade de produtos…
Interesantes foron tamén as visitas guiadas da man da mariñeira e mariscadora Jaqui Fateira, que dou conta da dificultade de saír, cada día, ao mar. Explicou as diferentes artes de pesca que utiliza a baixura, e, visto de primeira man, un dase conta de todo o traballo que implica ser mariñeiro.
Xa a pé de ría, con Antonio Muíños ao mando (o de Portomuíños é un dos mellores especistas da península da materia), destacou ante unhas 30 persoas a boa calidade da ría de Camariñas para a produción de algas. Houbo parada na praia do Lago e Antonio explicou por que é unha zona rica en algas, con máis de 70 variedades. Mesmo colleron unha alga calquera, que era comestible, e falou das súas cualidades.
Portomuíños xa colleita algas por aquí. Quen sabe se pode chegar a ser unha industria para Camariñas…. Depende de nós.
Novas relacionadas
Máis novas
- A USC destacou o aproveitamento das algas como fertilizante económico e de orixe natural.
- Os trapos sucios das algas na Costa da Morte.
- Algas á rúa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).