Sábado. 08.08.2020
El tiempo

A Mostra continúa o seu proceso de internalización coa tradución da web a 5 idiomas

Ademais do galego incorporáronse o castelán, inglés, italiano e portugués.
Imaxe dunha comitiva encaixeira en Italia
Imaxe dunha comitiva encaixeira en Italia
A Mostra continúa o seu proceso de internalización coa tradución da web a 5 idiomas

Co claro obxectivo de consolidar a internacionalización da Mostra tamén no marco dixital, a organización acaba de anunciar que a nova páxina web da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña (www.mostra.es), xa está traducida a cinco idiomas: galego, castelán, inglés, italiano e portugués.

A Mostra quere manter o seu estatus de pasarela de moda por excelencia durante a Semana Santa en España e situando o encaixe como un elemento de vangarda para a alta costura.

Ademais do castelán e o inglés, dous dos idiomas con máis falantes do mundo, tamén se decidiu incorporar o portugués e o italiano en homenaxe aos pobos irmáns de Peniche (Portugal) e Novedrate (Italia). Así, os numerosos visitantes destes país que ano tras ano visitan a Mostra poderán estar informados das novidades no seu idioma.

Novas relacionadas

comentarios