A Mostra do Encaixe terá unha nova edición virtual, centrada na comercialización, durante Semana Santa
A 30ª edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña será en outubro, pero o Concello non se resiste a deixar pasar a Semana Santa sen armar algunha cousa arredor do encaixe. De aí, e gracias ao éxito do ano pasado, prepara xa a II Mostra do Encaixe Virtual, que se celebrará do 31 de marzo ao 4 de abril.
Pero se o ano pasado foi unha edición máis institucional e informativa, este ano centrarase na comercialización do encaixe e na publicación de desfiles das diferentes pasarelas. “O obxectivo deste evento é o de comercializar o encaixe e fomentar a labor que fan anualmente os comercios locais neste eido. Por iso, do 31 de marzo ao 4 de abril, os postos participantes ofrecerán a través do Facebook (@MostradoEncaixe) e do Instagram (@Mostraencaixecamarinas) unha serie de produtos con encaixe que contarán con ofertas especiais nesas datas”, explican.
Tamén arrincará en Semana Santa o certame de Jóvenes Deseñadores coa presentación das súas novidosas creacións. Xa no mes de setembro, e coa intención de funcionar como antesala á XXX Mostra do Encaixe que se celebrará en outubro, publicaranse os vídeos dos Grandes Deseñadores e do Artencaixe.