Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Museo Man acollerá a exposición ‘Desde el Mar’, de Diana Bustamante

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Un dos óleos de Diana Bustamante é sobre o xardín de Man
O Museo Man acollerá a exposición ‘Desde el Mar’, de Diana Bustamante

Este venres 30 de abril ten lugar a inauguración dunha nova exposición no Museo Man de Camelle. Trátase da mostra ‘Desde el Mar’ de Diana Bustamante, que permanecerá ata o 30 de maio, e que chega da man da liña de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares. Comisariada por Antoni Torres Martorell, as obras recollen un mar singular, rico e versátil, con imaxes do Mediterráneo pero tamén de Camelle ou do Faro Vilán.

Diana Bustamante creceu en Santa Eulalia del Río, un municipio da illa de Ibiza. Licenciada en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid, no seu traballo conxunta e relaciona técnicas de pintura, debuxo e collage coas técnicas de gravado ao collagraph, monotipos e outras. Realiza exposicións individuais periodicamente e foi seleccionada e premiada en certames nacionais de gravado e pintura.

‘Ants, Treballadores’

Previamente á inauguración da exposición de Diana Bustamente o espigón de Camelle acollerá, de 17 a 19 horas, a mostra ‘Ants, Treballadores’, que foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras e que está a percorrer o territorio nacional.

Novas relacionadas

Comentarios