Mércores. 21.08.2019
El tiempo

ENTROIDO

Obradoiros para celebrar o Entroido no Museo Man de Camelle

As actividades desenvolveranse os días 2 e 3 de marzo, de 11:00 a 13:00 horas.

 

Museo de Man de Camelle, en Camariñas
Museo de Man de Camelle, en Camariñas
Obradoiros para celebrar o Entroido no Museo Man de Camelle

O Museo Man de Camelle, de Camariñas, organizará os días 2 e 3 de marzo uns obradoiros polo Entroido. O obxectivo principal do programa é o fomento da aprendizaxe mediante a experimentación persoal.

As persoas inscritas poderán realizar máscaras ou un bálsamo labial libre de tóxicos. Tamén haberá xogos. Este compendio de actividades permitirán poñer en práctica as artes prácticas, pero tamén poñer en valor o consumo responsable.

O obradoiro de máscaras será o día 2 de marzo, de 11:00 a 13:00 horas. O de elaboración de bálsamo labial, o día 3 de marzo co mesmo horario, de 11:00 a 13:00 horas.

Para inscribirse nestes obradoiros, as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected], ou chamar ao teléfono 665 133 864. Os rapaces e as rapazas menores de idade deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Comentarios