venres. 08.11.2024
El tiempo

O Museo MAN de Camelle estivo presente no VI Congreso de Turismo Cultural de Córdoba

Andrea Serodio no Congreso de Cordoba
O Museo MAN de Camelle estivo presente no VI Congreso de Turismo Cultural de Córdoba

Andrea Serodio, responsable do Museo MAN de Camelle, e Carmen Hermo, profesora da Universidade de Vigo e creadora do libro ilustrado máis coñecido sobre o artista alemán, levarán a Costa da Morte a Córdoba. Foi o pasado xoves 20 de febreiro, no marco do VI Congreso Internacional Científico-Profesional de Turismo Cultural de Córdoba, cando as costeiras presentaron a proposta ‘Museo MAN: Dinamizador turístico da Costa da Morte’ nunha mesa moderada por Rogelio Martínez.

A propia Serodio considera que ‘coa participación neste Congreso Internacional pretendemos visibilizar o traballo que facemos a nivel nacional e tamén internacional. Aparte do texto da ponencia, acompañámolo cunha pequena peza audiovisual sobre Camariñas a nivel xeral, e todos os recursos turísticos que pode ofrecer a súa contorna’, destacaba a responsable do Museo.

Novas relacionadas

Comentarios