Venres. 29.03.2024
El tiempo

Nova exposición de pintura para encher o Faro Vilán

Moods
Nova exposición de pintura para encher o Faro Vilán

Do 1 ao 31 de agosto a sala de exposicións que xestiona a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas no faro de cabo Vilán, acolle a exposición de pintura «Moods» de Delio Sánchez. 

«Moods» son estados de ánimo que transitan por camiños de paisaxes abstractas, nos que o pintor camiña sen brúxula. Unha obra de acción, de intuición, unha arte espontánea, rudimentaria e sen refinar, na que se aprecia o xesto da pincelada, deixando en evidencia o diálogo do autor coa obra.

Delio Sánchez, Santiago de Compostela 1968. Pintor-Escultor. Técnico superior en Artes aplicadas á Escultura pola Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Co-director do Espazo para a Arte Os Catro Gatos de Santiago de Compostela e membro de A Colectiva, Asociación Profesional de Artistas de Galicia.

Comentarios