Martes. 15.10.2024
El tiempo

A nova exposición de Rocío Utray vestirase de Encaixe de Camariñas

CARTEL CAMARIÑAS- Mostra Filomena
A nova exposición de Rocío Utray vestirase de Encaixe de Camariñas

Este luns 19, ás 12:00h, o Museo do Encaixe inaugura a exposición "Filomena". A mostra de Rocío Utray pretende converter en arte os danos dun furacán, utilizando o encaixe de Camariñas como vestimenta para os troncos que o furacán Filomena deixou tras de si en Pozuelo de Alarcón.

Ao acto inaugural acudirán a alcaldesa, Sandra Insua, a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, e a edil de Igualdade, Begoña Tajes, ademais da propia comisaria de ‘Filomena’.  

As persoas interesadas en visitala poderán achegarse ata o 16 de agosto no horario de atención ao público (de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas).

Comentarios