O alumnado do IES da Ponte e feligreses de Coristanco reparten axuda en Cotolengo


”Pouco entre todos é moito” rezaba o lema da campaña solidaria que arterllaron conxuntamente as parroquias de Coristanco e o IES Pedra da Aguia. Dous puntos que teñen un nexo en común, o párroco e profesor Manuel Mallo.
Pois o lema fíxose realidade e este martes 18 de decembro, rapaces, feligreses e párroco fixeron entrega do recaudado nestas semanas de campaña no Cotolengo (institución da Igrexa que acolle a nenos orfos). Foron recibidos polo Arzobispo Julián, que agradeceu aos rapaces a súa acción e aproveitou para felicitarlles os Nadais tanto a eles, como ás súas familias e profesores do citado Instituto Camariñan. Posteriormente visitaron o museo Catedralicio.
O alumnado regresou satisfeito da súa actividade valorando a cercanía do Arzobispo que placticóu un intre con eles preocupándose polas súas inquedanzas. Pola súa banda o parroco Manuel Mallo e docente en devandito instituto agradeceu a alumnos, compañeiros de claustro, feligreses e empresarios a súa solidariedade en nome dos nenos aos que un ano máis visitou e entre todos axudaron a pasar un mellor Nada
A campaña continúa en marcha ata Reis.
