O cartel da XXVII Mostra do Encaixe devólvenos á Camariñas de 1912
Tradición e modernidade mestúranse no novo cartel da XXVII Mostra do Encaixe de Camariñas 2017. Un cartel que nos leva ata a Camariñas de 1912, pois se basea nunha fotografía dese ano da Escola de Palillo, donada por Mariluz González Soto que se conserva no Museo do Encaixe.
A idea de viaxar no tempo foi do fotógrafo camariñán Diego Alonso, quen xunto a María José Carril, traballou neste proxecto. Así, houbo que escoller ás 9 protagonistas entre ás máis de 40 nenas nas escolas, houbo que implicar ás familias, preparar as ropaxes… Todo para trasladar ás nosas pequenas encaixeiras, símbolo do futuro desta artesanía centenaria, a comezos do século pasado. “Supón un recoñecemento ao futuro do Encaixe, as 48 nenas e 2 nenos que actualmente participan nas escolas municipais, unha homenaxe ao sacrificio e esforzo cara un futuro, o de Camariñas, que está no Encaixe”, recoñecen o alcalde.
”Esta imaxe auna, como indica a lenda, tradición e futuro”, recoñece a concelleira Sandra Insua. “Artistas con maiúsculas” sinala directora da Mostra, Dolores Lema, en referencia a ese medio centenar de aprendices, salientando a constancia e dedicación ás clases de palillo e destacando a encomiable labor da mestra Beatriz Dios.
Foto da Escola de Palillo de Camariñas 1912Pouco a pouco iremos sabendo o programa da Mostra, que se celebrará entre o 12 e o 16 de abril. Haberá novidades no diseño e decoración da pasarela, na montaxe, e no número de coleccións, que será maior. Iso si, sabemos que teremos a presencia por primeira vez dunha delegación procedente de Xapón e o regreso da India que repite despois de anos de ausencia.
Novas relacionadas
- Decembro 2016: 28 coleccións no novo Concurso de Deseñadores Noveis do Encaixe de Camariñas.
- Palilleiras de Camariñas participan na mostra internacional do encaixe de Peniche
- De Camariñas a Los Ángeles pasando por Vigo
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe abre as súas portas
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- Mostra 2015: A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- A Mostra de Encaixe, unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Redacción QPC ([email protected])