Luns. 01.06.2020
El tiempo

O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía

O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía
A foto Contemplando el hogar de Daniel Llamas no Cabo Vilán coa torreira Cristina Fernández, gañadora do premio MEDCLIC Oceans Photo Contest A foto Contemplando el hogar de Daniel Llamas no Cabo Vilán coa torreira Cristina Fernández, gañadora do premio MEDCLIC Oceans Photo Contest

Xa levou o Cabo Fisterra ao certame internacional de astrofotografía TWAN. Desta volta, o coruñés Daniel Llamas acaba de recibir o premio absoluto do certame MEDCLIC Oceans Photo Contest, impulsado pola Obra Social La Caixa e o Sistema de Observación e Predición das Illes Balears (SOCIB).

Un certame que serve para celebrar o Día Mundial dos Océanos, pero aquí o Atlántico cedeu protagonismo ao Cabo Vilán, ao seu Faro e á súa histórica fareira, Cristina Fernández. O seu espírito torreiro, a súa implicación, e a ilusión que pon esta senlleira muller na súa profesión foi clave para crear esta foto gañadora. Así o explica o seu título: “Contemplando el hogar”.

Llamas sitúa de novo a Costa da Morte no centro da astrofotografía estatal con esta complicada imaxe. El mesmo explicaba aos compañeiros de GCiencia que tivo que visitar ata 4 noites o Cabo Vilán para atopar as condicións perfectas para sacar a foto. Con el, unha Cristina entregada.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios