O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía
Xa levou o Cabo Fisterra ao certame internacional de astrofotografía TWAN. Desta volta, o coruñés Daniel Llamas acaba de recibir o premio absoluto do certame MEDCLIC Oceans Photo Contest, impulsado pola Obra Social La Caixa e o Sistema de Observación e Predición das Illes Balears (SOCIB).
Un certame que serve para celebrar o Día Mundial dos Océanos, pero aquí o Atlántico cedeu protagonismo ao Cabo Vilán, ao seu Faro e á súa histórica fareira, Cristina Fernández. O seu espírito torreiro, a súa implicación, e a ilusión que pon esta senlleira muller na súa profesión foi clave para crear esta foto gañadora. Así o explica o seu título: “Contemplando el hogar”.
Llamas sitúa de novo a Costa da Morte no centro da astrofotografía estatal con esta complicada imaxe. El mesmo explicaba aos compañeiros de GCiencia que tivo que visitar ata 4 noites o Cabo Vilán para atopar as condicións perfectas para sacar a foto. Con el, unha Cristina entregada.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- GCiencia.