Venres. 30.10.2020
El tiempo

O IES Pedra da Aguia continúa a súa inmersión europea con visitas ilustres

O IES Pedra da Aguia continúa a súa inmersión europea con visitas ilustres
Andres Barcelo no IES PEdra da Aguia Andres Barcelo no IES PEdra da Aguia

Visita de honra a que recibiu onte o Instituto Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas. Nada menos que o Director Xeral de UNESID e Conselleiro do Comité Económico e Social Europeo (CESE), Andrés Barceló, achegábase para falar cara a cara cos alumnos camariñáns, que continúan a súa inmersión europea no marco dos programas “O teu Europa, A túa Voz” e “Escolas Embaixadoras”.

O Conselleiro do CESE iniciou a súa charla cun breve repaso dos fitos que marcaron a construción europea, para centrarse principalmente en facerlles ver aos mozos o que Europa pode facer por eles. Igualmente animoulles a poñer en valor e a sentirse orgullosos do rico patrimonio cultural que temos en España, en Galicia e en Camariñas.

No apartado de menciones a personaxes galegos de relevancia, Andrés Barceló destacou o caso de Ana Varela, primeira muller que ocupa o cargo de Directora Financeira da OCDE. Así mesmo, resaltou os nomes doutras galegas como Ana Peleteiro ou Marta Ortega que se chegaron a facer un nome no mundo do atletismo e os negocios respectivamente.

Finalmente, Andrés Barceló explicou o papel do CESE como órgano consultivo e fixo fincapé no feito de que o Parlamento Europeo quere dedicar o ano 2018 a promover a riqueza do patrimonio cultural europeo.

Moitas preguntas

Na quenda de preguntas, os alumnos mostráronse moi activos e demostraron con tantas dúbidas un coñecemento espectacular da actualidade mundial. Así o recoñeceu Andrés Barceló, que respondeu de forma o máis clara posible a cuestións como as repercusións económicas do Brexit, se a saída británica podería ser compensada coa entrada de novos países, a candidatura concreta de Turquía a entrar na UE, o valor das propostas do CESE ao resto de institucións comunitarias ou o por que de ser un xigante económico mundial con tan pouca poboación relativa.

Único centro español noutro programa europeo

Os 4 de YEYS do IES da Ponte do Porto con Andres Barcelo Os 4 de YEYS do IES da Ponte do Porto con Andres Barcelo

Andrés Barceló agradeceu aos alumnos o interese mostrado e mantivo unha pequena conversación co profesor (Jacobo Santos) e os tres alumnos seleccionados (Carla, Gabriel e Iván) que participarán os días 15 e 16 de marzo no encontro de mozos europeos “Your Europe, Your Say”, que terá lugar en Bruxelas e que, organizado polo CESE, a 99 alumnos dos 28 Estados membros e dos 5 países candidatos a entrar na UE. Un novo motivo de satisfacción para o Instituto da Ponte, ser o único Centro educativo español presente neste evento.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios