Venres. 29.03.2024
El tiempo

O IES Pedra da Aguia de Camariñas, nomeado para o programa de "Escolas Embaixadoras"

O IES Pedra da Aguia de Camariñas, nomeado para o programa de "Escolas Embaixadoras"
O IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas vai ser un dos 4 Centros galegos seleccionado pola Oficina de Información do Parlamento Europeo en España como participante no Programa de "Escolas Embaixadoras" do Parlamento Europeo. Equipo do "Pedra da Aguia" seleccionado para o programa europeo O programa pretende estimular un coñecemento activo da Unión Europea mediante as políticas que a integran e co fin de que os alumnos coñezan as posibilidades que ofrece e para que valoren o papel que xoga o Parlamento Europeo. Trátase, ademais, de crear un punto de información no Centro que sirva de referente na zona para dar a coñecer os proxectos que se abordan no seo da Unión Europea. Para este programaron seleccionados 15 alumnos de 3º da ESO, que estarán tutelados por dous mestres do Departamento de Xeografía e Historia, Susana Álvarez e Jacobo Santos. O programa, que será evaluado desde Madrid, poderá seguirse a través de Facebook e da páxina web do Centro. A sua duración é indefinida, en función dos resultados obtidos. Os alumnos e os seus responsables afrontan este novo reto con moita ilusión, segundo nos cantan desde Camariñas. Así, xa terían programado unha visita a Estrasburgo e Bruselas para a primeira quincena de Abril

Comentarios