Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O mar volve á escola

O mar volve á escola
Presentación do programa O Mar Na Escola-Xogando co vento A Escola de Vela Cataventos presentou esta mañá a decimocuarta edición do programa “O Mar na Escola 2018, Xogando co Vento”, un proxecto no que participarán este ano preto de 500 alumnos de diversos colexios e institutos dos Concellos de Camariñas, Cee, Dumbría, Fisterra, Corcubión, e Muxía, co patrocinio de Prodemar Stolt Sexa Farm e Cerdeimar. A iniciativa, que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño conta, ademais, coa colaboración da Federación Galega de Vela e a Secretaría Xeral para ou Deporte, que o incluíu no programa Xogade baixo o título Xogando co Vento. Á presentación, celebrada no Concello de Muxía, acudiron: Emilio Ferro en representación de Prodemar, Stolt Sexa Farm; Andrés Cerdeiras en representación de Industrias Cerdeimar; José Marcote, alcalde de Fisterra; Manuel V. Alonso de León, alcalde de Camariñas; Manuela Fernandez, concejala de Corcubión; Ramón Vigo alcalde do Concello de Cee; Raúl González Concelleiro de Cultura Deportes Concello Dumbría, José Manuel Paredes, Representante Federación Galega de Vela; Félix Quintero, Presidente do Club Marítimo Carrumeiro e Fèlix Porto, alcalde de Muxía. Os centros participantes son: centros educativos O Areal, Ponte do Porto e Pedra da Aguia, de Camariñas; Manuela Rial e Eugenio López, de Cee; Santa Eulalia, de Dumbría; Mar de Fóra, Areouta, e Colexio Nsa Señora do Carmen de Fisterra; Praia de Quenxe, de Corcubión; e Ramón Caamaño, Virxe da Barca, Os Muiños e Villarmide, de Muxía.

14 anos, un programa consolidado

O feito de que este programa alcance o seu decimocuarta edición, coa adhesión, cada ano, de novos centros e concellos, é unha mostra de que se trata dunha iniciativa xa consolidada, resultado da vontade dalgúns profesores e técnicos deportivos de incluír no currículo de Coñecemento do Medio e de Educación Física unha forma innovadora e próxima, coa vista posta na contorna máis próxima. Así, os escolares recibirán formación teórico-práctica en biodiversidade dos mares e océanos, sobre ventos, acuicultura, correntes e mareas, ademais de teoría da navegación a vela e seguridade no mar. Trátase de favorecer un achegamento dos mozos ao mar e á súa contorna a través da práctica do deporte. Poderán aproximarse ao medio no que viven, valorar e coidar os recursos do mar e a contorna de ríaa, achegarse ao deporte en xeral e en particular á vela lixeira, ademais de aprender as nocións básicas de navegación, sempre nun ambiente lúdico e establecendo a mellor relación entre alumno-monitor. As sesións prácticas realizaranse nas instalacións do Club Marítimo ou Náutico que corresponda por zona aos centros participantes (Club Marítimo Carrumeiro ou Club Náutico de Camariñas), onde aplicarán os coñecementos adquiridos a través da práctica de diversas actividades como a vela, kayak, voo de cometas e un taller de nós.

Concurso de Debuxo

Nesta edición incorpórase por primeira vez, un concurso de Debuxo para todos os participantes, patrocinado por Prodemar, Stolt sexa Farm. A temática versa sobre “A crianza do rodaballo” e ten como obxectivo dar a coñecer a acuicultura.

Fonte

Redacción de QPC.

Comentarios