Sábado. 07.12.2019
El tiempo

O pasado 10 de novembro celebrábase o 117 aniversario do naufraxio do Serpent

O pasado 10 de novembro celebrábase o 117 aniversario do naufraxio do Serpent

Non só foi aquel barco inglés o que pereceu diante das nosas costas, pero ao día de hoxe aínda é unha efeméride que se lembra con tristura. Aquel 10 de novembro de 1890, 172 tripulantes do Serpent inglés perdían a vida e só tres eran atopados salvos. Toda a vila de Camariñas axudou no rescate dos corpos, algo que aínda recorda o propio cemiterio e os agasallos que o almirantazgo inglés ofrecía ao pobo camariñán.

A Punta do Boi é un dos lugares que máis traxedias ten vivido. Oito son os naufraxios recordados e 245 vítimas as cobradas, pero o do Serpent é o máis lembrado. Milleiros de turistas de toda Europa achéganse cada ano a este preciosa paraxe para contemplar o lugar onde a natureza é tan crúa que non dá tregua algunha.

Homenaxe

Deste xeito, un grupo de románticos, encabezados por Juan Campos xuntábanse ás 22:30 do pasado sábado no cemiterio para rendir homenaxe aos mortos do Serpent e a todos os mortos da mar.

Juan apunta ademais que o concello de Camariñas debe corrixir certos detalles dos paneis informativos que se atopan no cemiterio, cmo a definición do Serpent coma buque escola cando realmente se trataba dun cruceiro torpedeiro sen un só gardamarina a bordo.

Hoxe mesmo, luns 12 de novembro de 2007, o propio Juan Campos falará ás 0:00 na Radio Galega sobre op asunto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa.
  • /ul>

Comentarios