O PP anunciará estas vindeiras semanas os candidatos da comarca ás Municipais de maio 2019


Hai algún nome cantado, pero aínda nada oficial. De feito, será nas vindeiras semanas cando a dirección provincial do PP anuncie os seus candidatos para os comicios locais de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas.
Esta fin de semana achegábase Diego Calvo á comarca, nunha xuntanza na que destacou “a aposta importante en Cee” para recuperar o control dun goberno “incapaz de gestionar”. Algo semellante dixo de Fisterra.
Tamén fixo fincapé na “alarmante situación” na que se atopan municipios como o de Camariñas, no que trala dimisión de Manuel Valeriano Alonso de León, Pichurri, inhabilitado por prevaricación administrativa, “agora os veciños teñen que padecer a unha alcaldesa que non foi elixida por eles e que, ademais, tamén está investigada por un caso similiar ao que foi condenado o anterior regidor regidor”.