O PP de Camariñas advirte de que a inhabilitación do alcalde podería anular a aprobación do orzamento

08:12 22/08/18

Continúa o PP coa súa ofensiva contra o inhabilitado alcalde Pichurri. Hoxe advirte de que a inhabilitación do alcalde podería anular a aprobación do orzamento, unha vez que a Interventora xa informou desfavorablemente na Comisión de Contas este mesmo luns pola situación xurídica do rexedor, ao non actuar no exercicio lexítimo do seu cargo.
O voceiro popular, Mauricio Aufiero chamou ao alcalde “insumiso” por non acatar as leis, e lle vovei pedir que “descokupe” o despacho da alcaldía trala súa ratificada condena por un delito de prevaricación.
O PP segue “á espera que a dirección provincial do PSOE tome cartas no asunto”, pero “lamentan que a negativa de ‘Pichurri’ a deixar a alcaldía acabe por prexudicar aos veciños”.