mércores. 04.12.2024
El tiempo

O PP de Camariñas pide á Secretaria municipal que actúe sobre a inhabilitación do alcalde

O PP de Camariñas pide á Secretaria municipal que actúe sobre a inhabilitación do alcalde
Un pleno no Concello de Camarinas-Foto-MCS A Secretaria, o alcalde e varios concelleiros nun pleno no Concello de Camariñas de 2013-Foto-MCS

A sentenza de 4 anos de inhabilitación por prevaricación administrativa ao alcalde de Camariñas segue xerando reaccións na oposición. Xa pewdiron a súa inmediata dimisión tanto o PP como o BNG.

Desta volta volve á carga o PP, cunha carta dirixida á Secretaria na que lle pide que “actúe con total dilixencia para acometer as disposicións legais” en relación á sentenza, dada “a incompatibilidade é total para o Sr. Manuel Valeriano para seguir exercendo tarefas de Alcalde e mesmo o posto de concelleiro”.

“Como somos coñecedores da total irresponsabilidade por parte do Sr. Manuel Valeriano a hora de cumprir a lei, e que unha vez máis, estará máis preocupado polos seus intereses personais que polos intereses do Concello e de todos os veciños, faise necesario acudir a Lei e a Secretaria para que poidan facer que se cumpra a lexislación actual en todos os seus términos, e non haxa persoa inhabilitada no Concello de Camariñas como cargo público”, sinalan dende a oposición.

Así mesmo o PP pide “responsabilidade a todos os grupos municipais para o proceso urxente de nomeamento de novo Alcalde”.

O BNG

Paralelamente o BNG de Camariñas quere denunciar publicamente a campaña que están a realizar algúns militantes destacados do PSOE de Camariñas, recollendo sinaturas en defensa da prevaricación realizada polo alcalde Manuel Valeriano Alonso de León “Pichurri”. Considera o BNG que "o PSOE de Camariñas debe de favorecer un cambio tranquilo no Concello que goberna e non xogar a crispar ao povo de Camariñas para defender a un acalde que prevarica e se escuda nas siglas do PSOE e de cómplices que apoian os seus actos. O orgullo e o ego ferido do alcalde teno que limpar o alcalde cumplindo coa sentenza e co código ético do seu partido. O partido Socialista de Camariñas debe garantir un clima de confianza, coherencia e bo goberno para cos seus veciños e veciñas aos cal se debe, e nada máis".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios