Martes. 06.12.2022
El tiempo

O PSdG provincial respalda a Pichurri que liderará os pasos a dar trala súa inhabilitación

O PSdG provincial respalda a Pichurri que liderará os pasos a dar trala súa inhabilitación
Pichurri durante un mitin do PSdG Pichurri durante un mitin do PSdG José Manuel Lage Tuñas respaldou a un histórico do socialismo costeiro como Pichurri José Manuel Lage Tuñas respaldou a un histórico do socialismo costeiro como Pichurri

”O partido Socialista respecta as decisións dos Tribunais de Xustiza, e á mesma altura defendemos a honesitdade e honorabilidade do noso compañeiro Pichurri como alcalde. Penso esta doble visión do PSdG é compatible”, así explicaba esta mañá José Manuel Lage Tuñas, a postura do PSdG provincial ante a ratificación da inhabilitación de Pichurri por 4 anos.

Así, Lage Tuñas asegura que ”será Pichurri o que pilote os pasos a dar, conxuntamente coa Agrupación de Camariñas, o grupo municipal e a provincial”, destacando que falamos dun histórico do socialismo da Costa da Morte. “Ao igual que destacamos o repsecto ás decisións da Xustiza, poño á mesma altura a honorabilidade e honestidade de Pichurri, un socialista con máis de 35 anos traballando desinteresadamente polo Partido Socialista, por Camariñas e pola Costa da Morte”.

Lage Tuñas quixo matizar que “estamos diante dunha persoa, dun compañeiro, dun alcalde, que pode ter cometido algún erro, pero non ten metido a man na caixa, e iso a xente teno que ter claro. Foi un asunto de índole administrativa, pero Pichurri será sempre unha persona honorable e tremendamente honesta”.

O máis sorprendente foi a explicación sobre o suposto cumprimento de Pichurri do código ético do partido, unha vez que se deu de baixa como militante cando recibiu a primeira sentenza, perio segue sendo alcalde coas baixo as súas siglas.

Aproveitou para lanzar recados ao grupo do PP que tanto está apretando esixindo a súa dimisión: “O PP non está para dar leccións a ningún partido, e algúns queren gañar nos tribunais o que non foron capaces de gañar nunca nas furnas, lembrando a historia como bastión socialista. A xente apoio sempre aos voceiros socialista e no futuro fará seguro o mesmo co compañeiro ou compañeira que tomará o relevo”.

En clave de futuro, Lage Tuñas sinalou que "aínda non toca falar do candidatos e candidatas de cara o 2019, aínda que o PSdeG ten canteira de homes e mulleres para tomar o relevo cando sexa necesario”.

Polo de pronto sabemos que este xoves 24 de agosto haberá pleno extraordinario.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-camarinas-advirte-de-que-a-inhabilitacion-do-alcalde-poderia-anular-a-aprobacion-do-orzamento/ https://quepasanacosta.gal/pichurri-apelara-ao-tribunal-supremo-a-sua-ratificada-inhabilitacion/

Fonte

comentarios