Xoves. 28.05.2020
El tiempo

Os afectados polas Preferentes seguen uníndose e xa teñen un canle de consulta

Os afectados polas Preferentes seguen uníndose e xa teñen un canle de consulta
Reunion dos Afectados pola Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte en Camarinas

Este pasado luns 15 de outubro Camariñas acollía unha importante xuntanza dos Afectados polas Preferentes e Subordinadas de NGB, co obxecto de informar e asesorar a afectados das comarcas de Soneira e Bergantiños, sobre as vías de resolución da problemática derivada da mala comercialización de produtos de alto risco no colectivo de aforradores. Cómpre lembran que a estimación de afectados anda entre os 2.000 e os 5.000, todos con perfís moi semellantes de persoas maiores.
Así mesmo a reunión tiña como obxecto establecer os puntos de apoio da Plataforma, mediante coordinadores cuxa misión será a de difundir a información os interesados, tanto do estado das vías de devolución, coma dos trámites necesarios para levalos adiante.

De feito, unha das conclusións máis importantes é a apertura dun canle de consulta e información aos afectados que a activa "Plataforma de Afectados de Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte" abre dende xa, a través das Oficinas de Consumo da bisbarra.

Uns 60 afectados de Muros a Carballo

Reunion dos Afectados pola Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte en Camarinas 2

Foron uns 60 efectados, provintes de varios concellos dende Muros ata Carballo, e sobre de todo, afectados dos concellos limítrofes de Vimianzo, Laxe, Muxía, Malpica e do mesmo Camariñas, os que se achegaron a Camariñas. Interviron Ana Cedeira acompañada de 2 membros mais da coordinadora do Grupo do Obelisco de Coruña, Suso Santos tamén acompañado de 2 membros da coordinadora do Morrazo e Margot Lamela avogada de Cee. Ademais, de como non, Manuel González, un dos coordinadores da Plataforma costeira.

Mañá faremos un repaso ás intervencións completas, recollendo algunhas declaracións ben curiosas.

Colaboración do Concello de Camariñas

Cómpre destacar que o motor de arranque nestas comarcas xurdiu por iniciativa do Concello de Camariñas, que nun exercicio de posta a disposición dos afectados, non só conveciños senón tamén afectados doutros concellos, non dubidaron en ningún momento en por a disposición medios e persoal para levar a cabo, non só a xuntanza, senón que ampliaron o ofrecemento coa posta a disposición dos afectados da infraestructura necesaria para realizar a súa labor de difusión e apoio o colectivo cuxos aforros están bloqueados nos produtos tóxicos de carácter perpetuo.

O Concello estivo presente durante toda a reunión, tanto coa presencia do seu Alcalde Manuel Valeriano Alonso de León, coma do Concellal da área económica Sergio Caamaño Fernández, que no acto inicial dos turnos de intervención reiteraron a posta a colaboración da estrutura municipal coas accións de coordinación da "Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte".

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da Plataforma de Afectados de Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, da man de Manuel González.

comentarios