Martes. 07.12.2021
El tiempo

Os Concellos apretan o cinto

Os Concellos apretan o cinto
Plan de Axuste

Tempo de axustes nas contas municipais. Mentre dende a Xunta propoñen a fusión de concellos ou a proliferación de mancomunidades, propostas que se vislumbran necesarias para reducir o gasto das administracións, son os Concellos os que teñen que apretar o cinto presentando Plans de Axuste.
Plans que obrigan aos concellos a pedir créditos aos bancos para telos que devolver con intereses (sempre beneficiando aos mesmos), e que normalmente non contan co apoio da oposición, ou máis ben coa "abstención", nesta vida política onde estar a favor dende a oposición só pode reafirmarse a través da "abstención".

E ollo aos empresarios da zona, pois os que sexan proveedores dos Concellos xa poden acollerse dende hoxe ao Plan de Pagos do Goberno co obxectivo de comezar a cobrar as débedas en maio. Poden xestionalas peticións dende os propios concellos ou dende a Axencia Tributaria.

Así, repasamos as últimas novidades dos Concellos de Carnota, Fisterra, Ponteceso, Muros, Camariñas, Cee e Corcubión.

Plan anulado en Carnota

O Concello carnotán presentaba a semana pasada o Plan de Axuste pero non era aprobado cos votos en contra do PP e ca abstención do PSOE. Un Plan sobre os últimos 4 anos, que reflicte un crédito de máis de 1 millón de euros, cos 150.000€ de intereses a maiores que habería que engadirlle ao crédito solicitado. Un Plan ademais que ten enriba da mesa un informe de intervención de 13 follas en contra do Plan, cun goberno que segundo o PSOE "sumou 200.000€ de débeda nos meses deste novo goberno".

Segundo o PSOE, que estaba disposto a votar a favor, "o Plan adoece de falta de concreción: di que vai aforrar un 30% en luz poro non di como... Pero o problema que consideramos máis grave é que leva no Plan despidos de persoal, e el só me chama agora, cun só día de antelación, para facerme cómplice dos despidos, cando debe ser el o que o tome esa decisión. Eu podo pensar que moitos destes despidos son necesarios, pois sobre xente no Concello, pero o que non pode é facerme responsable do malo e levar todo o beneficio das contratacións", denuncia Suso Campos. Campos chama "irresponsables a PP e BNG", e lembra ao BNG que "está gobernando co noso apoio e ten que chegar a acordos con nós".

Plan de saneamento en Muros

A nova vida política notouse no pleno de aprobación dos orzamentos deste venres. O achegamento entre BNG e PSOE notouse na primeira votación na que o BNG permitiu, coa súa abstención, a aprobación do Plan de Axuste que presentaba o PSOE, pois o PP votou en contra. O Concello necesitará un crédito de máis de 1 millón de euros para afrontar a débeda cos proveedores.
Para o BNG este plan prentende sanear o Concello, intentando que as empresas sumistradoras cobre, e ademais conta co seu asesoramento e con varias peticións, como a rebaixa en salarios do goberno, en asesores (non suficiente para María Xosé Alfonso de tódolos xeitos), en partidas como atencións protocolarias ou publicidade institucional.

O PP non cre no Plan e sinala que non hai garantías de que se cumpla e ademais critica que os máis peruxicados son os veciños de Muros. I é que hai subidas importantes nos impostos: no saneamto, no lixo, no punto lipo, no cemiterio municipal, nas tasas de trámites de documentos así coma no IBI.

Plan de axuste en Fisterra

E seguindo os pasos do goberno autonómico e estatal, o Concello de Fisterra é un dos primeiros que o presenta e o aproba coas abstencións de PSOE e BNG, que manifestaron a súa oposición pero que pensan nos proveedores, pois segundo denuncia o BNG hai pagos pendentes dende 2007.
Só subirá a auga, e non baixarán os soldos políticos, non as dietas dos edís polos plenos.

Dende o BNG critican os atrasos aos proveedores e sobre todo, a débeda acumulada de case 900.000€. "Vanse pedir 75.000€ á Fenosa para os que se pedirán 200.000€, outros 46.000 para unha empresa construtora investigada xudicialmente; e sen embargo non se van tomar medidas de aforro como apagar as luces polo día", denuncia o voceiro do BNG Modesto Fraga. Un Fraga que volvía a pedir a redución dun 15% dos soldos políticos que rexeitou de novo o goberno municipal, polo que "o Concello seguirá gastando 109.000€ ao ano polos políticos", denuncia.

Recortes incómodos en Corcubión

Tamén o Concello corcubionés ten que tirar de recortes. Entre eles, o Concello ten que pedir un crédito de 50.000€ vencellado ao plan de axuste, que obrigará ao Concello a ceder un 5% de intereses á banca, algo que non satisface nin ao propio rexedor.
BNG votou en contra, e PP abstívose pensando nos proveedores. O goberno propón unha subida da taxa do lixo, do polideportivo, así como comezar a cobrar polo uso da Casa da Cultura e o Local de Ensaio.

Redución de soldos en Camariñas

Así mesmo, o pleno camariñán, que ademais a semana pasada deu un novo paso co PXOM, aprobou a redución dos soldos dos edís con adicacións, Sandra Insua e Sergio Caamaño, nun 20%, quedando así nos 1.000€. A baixada do soldo do alcalde, sen embargo, só baixa un 6%.
O plan de axuste aproibado cos votos en contra do PP, vai máis aló e suprimirá a metade das liñas telefónicas móbiles, e permiteirá case 200.000€ en dous anos. O PP valora que sería necesario un recorte de, polo menos, 600.000.

Suba de taxas en Ponteceso

O plan de axuste ata o 2022 do goberno pontecesán, sen o apoio de toda a oposición (e mesmo a expulsión por segunda vez dun edil do PSOE), levará a subida de taxas como principal alicerce. O lixo subirá nun 25%, e farán o propio a auga o IBI, o ICIO (construcións) ou o IAE (actividade económica). Iso si, os soldos políticos non se modeificarán.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios