Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Muros desbota a moción de censura

O BNG de Muros desbota a moción de censura

Finalmente, parece que a intervención da Executiva Nacional do BNG foi clave para que a moción de censura en Muros non se leve a cabo. Segundo informa a Executiva, tras unha xuntanza desenvolta esta mesma tarde de luns 26 de marzo, o grupo municipal do BNG de Muros acordou "desbotar calquera hipótese de presentación dunha moción de censura".
Iso si, Executiva e grupo "concordaron esta tarde en demandar ao PSdeG-PSOE a rectificación da súa política no concello".

Na reunión constatouse "a dificuldade obxectiva que para o BNG entraña a acción política no concello de Muros dadas as atitudes políticas do goberno municipal do PSOE", declaran.
Así, "o BNG vai demandar a rectificación desas actitudes políticas, que non dubida en cualificar de autoritarias e prepotentes, moi especialmente no caso da alcaldesa".

A tal efeito, "o BNG vai solicitar á dirección do PsdeG-PSOE a celebración dunha reunión para estudar a situación política do concello de Muros en orde a obter esa rectificación".

Así mesmo, o PSOE tamén dá pasos de achegamento. “É necesario garantir a gobernabilidade de Muros e, por iso, o PSdeG se compromete a poñer fin aos problemas que xurdiron co BNG. Esperamos obter da formación nacionalista o mesmo grao de compromiso", salientou Pablo García en clara alusión aos movimentos dos edís nacionalistas, segundo os compañeiros de Galicia Confidencial. “Vanse a facer todos os esforzos que sexan necesarios para manter un goberno de progreso en Muros", destacou García.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Executiva Nacional do BNG.

Comentarios