Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os lenzos dos Trazos do Mar toman o Faro Vilán

Os lenzos dos Trazos do Mar toman o Faro Vilán
Nova exposicion Trazos do Mar no Faro Vilan

Despois da exitosa exposición de pintura chinesa da artista Yano Yoro e do curso da técnica sumi-e impartido durante esta última fin de semana pola artista acompañada do gran mestre chinés Li Chi Pang, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas inagura este mércores 2 de outubro ás 19h unha nova exposición.

Trátase da nova exposición de pintura "Trazos do Mar" de Antonio C. Abalde na que a través dos seus lenzos representa diversos paisaxes galegos, e que para esta exposición no Faro Vilán de Camariñas elixiu sobre todo os relacionados co mar e máis identificativos da nosa costa.

Poderase visitar ata o 31 deste mes todos os días excepto luns e martes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios