Os Reis Magos encheron a Costa da ilusión

01:00 06/01/19

Menudo primeiro sábado de xaneiro. As súas Maxestades os Reis Magos levaron a ilusión por toda a bisbarra deixando mancheas de caramelos e mareas de ilusión aló por onde pasaron. Centos de nenos e nenas da bisbarra pasaron a tarde coa ilusión de velos aló enriba, nos seus carruaxes, e coa sensación de ter vivido unha xornada especial.
Como especial é esta noite e e esta mañá de Reis, na que a rapazada de toda canta parroquia hai, esperta nun día de especial ilusión.
Aquí vos deixamos unha serie de imaxes das visitas de Reis pola zona, sendo a tractorgata de Mazaricos a máis orixinal de cantas ollamos:






