Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013

Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013
As exposicions achegan a moitos vsitantes ao Faro Vilan As exposicións achegan a moitos vsitantes ao Faro Vilán

Seguen demostrando a Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, con datos sobre a mesa, que se as cousas se fan ben, trae froitos. Un 20% medrou o número de visitantes entre 2013 e 2015 no Faro Vilán, coincidindo coa toma de control do espazo por parte da entidade.

En 2013 eran 44.768 os turistas que visitaban o Faro, en 2014 xa houbo un gran aumento, superando s 53.000. Este ano pecha o Faro con 55.400 visitantes, toda unha marca.

Hai que ter en conta que, non todas as persoas que chegan o faro Vilán entran a visitalo, polo que o número de visitantes é maior. Outro punto a ter en consideración é que este ano, o faro permaneceu pechado case un mes por traballos relacionados coa asociación que impedían estar no faro, polo que o incremento sería aínda maior.

Máis alentadores son se cabe as cifras deste mes de decembro, cun tota de 1.763 persoas fronte as 1.039 persoas do mesmo mes do ano pasado, o que ven sendo un aumento do 70% con respecto o mes de decembro do ano pasado. A Ponte da Constitución é clave, pois o 59% dos visitantes deste mes pasaron polo faro Vilán durante eses días.

Quen visita o Faro Vilán?

Máis da metade do total dos visitantes, concretamente un 56% procede da mesma Comunidade Autónoma, seguidos dun 42% que proceden de España. Entre os turistas nacionais, destacan os procedentes de Madrid, cun 32%, seguido de Castela e León cun 13% e Cataluña cun 9%. O 18% dos procedentes do resto de España débese a que veñen en grupo desde distintos puntos do país.

Se falamos dos visitantes estranxeiros, destacan os procedentes de América (26% tanto EEUU e Canadá como Sudamérica) seguidos dun 18% procedentes de Italia e un 15% de Portugal.

Tamén, dende a asociación quérese informar que a oficina de turismo, a sala de exposicións e a cafetería do faro permanecerán pechadas dende o 21 de decembro ata o 5 de xaneiro, sendo o día 6 de xaneiro o día de apertura.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios