Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada
Parece que aínda está viva. Malia seguir vendo como se deteriora a Casa de Man sen tomar medidas para a súa conservación, a Fundación Man de Camelle vai organizar unha xuntanza reivindicativa.
Así, os propios voluntarios da Fundación Man de Camelle, están a organizar unha velada a noite do 27 o 28 de decembro, con motivo do 9º aniversario do falecemento de Manfred.
Unha velada que servirá como "resposta a impasibilidade das administracións con respecto a Obra do alemán". Así todos aqueles “indignados” co asunto poden concentrarse en Camelle a tarde noite do 27 para demostrar as administracións, que arranxe o seu museo.
1 euro simbólico por Man
Para poder saber cantas persoas acudirán, a entidade decidiu que cada persoa ingrese a cantidade simbólica de 1€, na conta aberta para tal fin na Caixa Galicia Nª 2080-0080-54-3040006583 co seu nome, e a cambio poderçan disfrutar un café o chiculate durante esa noite.
Novas relacionadas
- Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Galicia en color, en marcha a homenaxe necesaria aos voluntarios do Prestige.
- 20-12-10: A Fundación Man prepara un Manifesto.
- 23-11-10: O Concello camariñán inscribe a Fundación Man no rexistro da Xunta.
- 09-11-10: O temporal azota ao Museo de Man.
- Recunchos da Costa: O Museo de Man de Camelle.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).