Venres. 19.04.2024
El tiempo

Patrimonio elimina a pantalla da praza do Mercado de Camariñas despois de 4 anos de requerimentos

Patrimonio elimina a pantalla da praza do Mercado de Camariñas despois de 4 anos de requerimentos
Imaxe da retirada da pantalla do centro de Camariñas Patrimonio elimina a pantalla da praza do Mercado de Camariñas despois de 4 anos de requerimentos

Nova polémica en Camariñas arredor da pantalla xigante no medio da Praza do Mercado, en pleno casco histórico. O Concello tivo que retirala a semana pasada despois da orde de Patrimonio para "restituir a legalidade" urbanística, a pesar de estar recollida no PXOM aprobado en solitario grupo de goberno.

Aproveita a ocasión o PP para “recordarlles aos dirixentes socialistas, que tiveron que pasar 4 anos para que restableceran a legalidade que lle impoñía Patrimonio, que tivemos que pagar dos cartos do Concello varias multas de Patrimonio pola sin razón do Sr. Valeriano, e finalmente, tivemos que seguir pagando os desastres políticos socialistas coa retirada definitiva da pantalla e a ver agora onde o Sr. Valeriano lle encontra acomodo a unha xigante pantalla de vídeo que foi financiada con fondos europeos FEDER e que tiña que cumprir unha serie de requisitos que agora como é lóxico non os cumple.

Fonte

Comentarios