Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Pavillón Víctor Vigo encheuse de palilleiras

Xuntanza Palilleira 1
O Pavillón Víctor Vigo encheuse de palilleiras

Como acontecera en Vimianzo hai apenas un mes, case medio millar de palilleiras metían a repenicar os seus bolillos na IX Festa da Palilleira celebrada este xoves 8 de decembro no pavillón municipal de Camariñas ‘Víctor Vigo’.

Chegadas de diferentes puntos de Galicia e doutros puntos de España (Galicia, Soria…), a xornada serviu para poñer en valor e compartir experiencias arredor desta artesanía centenaria. “Por fin volvemos a recuperar un evento que para as que nos gusta o mundo do palillo é máis unha festa que outra cousa”, salientou a alcaldesa Sandra Insua.

Xuntanza Palilleira 2

Foron aínda moitas máis as persoas que se achegaron durante toda a xornada ao pavillón para ver de primeira man a arte do palillo e do encaixe de camariñas e, ademais, botar unha ollada ao Mercado de Nadal con comercios especializados en encaixe e tamén outras tendas locais e dos arredores, sumado aos stands das comisións de festas do Carmen, Xaviña e Ponte do Porto.

Ademais, para facer partícipe á veciñanza nesta arte, instalaronse hinchables durante toda a xornada e, pola tarde, realizouse o sorteo de dez chales de encaixe doados polas asociacións Rendas e Puntillas.

”Hoxe comezan a repenicar os palillos con ese son inconfundible que xa permanecerá neste pavillón ata Semana Santa”, sinalou Insua pensando xa na Mostra de Encaixe de 2023.

Novas relacionadas

Comentarios