Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”
16:04 13/12/16
Tubos das centrais hidroeléctricas do encoro de Santa Uxia do Ezaro
Non hai moito que falabamos con Pequeño Castro sobre a situación do caso Ferroatlántica. Pasan as semanas e a posición do alcalde e do Concello dumbriés parecen máis e máis comprometidas, ante o gran perigo que supón a segregación das actividades de produción hidroeléctrica das centrais do río Xallas da produción de ferroaliaxes das fábricas de Cee e Dumbría.
Hoxe, o alcalde dumbriés que falar en clave de pasado, e faino con dureza sobre as cousas tremendamente negativas que fixo a empresa durante tantos antos na nosa comarca.
”Ferroatlántica; unha mirada desde o esquecemento. Ferroatlántica; lembrando para entender”
Para entender as verdadeiras repercusións e as implicacións da intención de Ferroatlántica de vender as hidroeléctricas da Costa da Morte hai que mirar cara atrás e deterse, só así se poderá comprender o alcance da ferida que se pode infrinxir a toda unha comarca. Esta é unha historia de compromisos, de concesións, de crecemento económico, pero tamén é unha historia de desastre ambiental, de enfermidades e de morte. As actividades de enerxía eléctrica e de ferroaleacións na comarca da Costa da Morte formaron desde as súas orixes unha unidade produtiva única, como queda constatado nas continuas concesións administrativas. A primeira concesión data de 1900 e foi outorgada á Sociedade Hidroeléctrica do Pindo para derivar un caudal de augas do río Xallas co fin de fornecer enerxía á fábrica de ferroaleacións de Brens (Cee), aproveitando a enerxía xerada polo salto do Pindo en Ézaro. Posteriormente outras concesións como as do salto de Santa Uxía, o de Fervenza, o de Carantoña ou o de Ponte Olveira pasaron a mans do grupo Ferroatlántica, que na actualidade ostenta todo o aproveitamento eléctrico do Xallas. Pero este percorrido empresarial entrelázase con outras realidades que comprometen a todo un pobo, como a construción do encoro de Santa Uxia, coa oposición dos veciños que viron as súas terras alagadas e a auga practicamente ás portas das súas casas; ou o prezo que houbo que pagar polos túneles de O Brazal, que percorren 10 duros quilómetros a costa da silicose de centos de traballadores; moitos deles xa non poden contalo, pero aínda son moitos os que lembran as protestas do 68 polas enfermidades ocasionadas por esta industria; ou o desastre ecolóxico que provocou a sobreexplotación do río Xallas, que non funciona como un sistema fluvial natural mais que no inverno, con todo o que isto leva a nivel ambiental. Non sen razón a indignación invade a nosa comarca, ao coñecer as intencións dunha empresa que non repara en deixar orfa a unha poboación; porque despois de todo isto, o legado que nos deixaría Ferroatlántica sería a devastación dunha contorna natural incomparable e a ruína dos máis desfavorecidos. Por agora parece que as negociacións aínda non son oficiais, e que formamos unha fronte común os traballadores do grupo na comarca, os concellos, a Xunta e os grupos parlamentarios na oposición, pero facéndome eco dunha noticia publicada na prensa de onte “Ferroatlántica pisa o acelerador na súa presión para lograr que a Xunta autorice modi car esa concesión e así achandar a venda das hidroeléctricas” sáltanme todas as alarmas e por iso fago fincapé na necesidade de non ceder; espero que a administración non esqueza as condicións sine qua non a que está suxeita esta empresa, que son ben coñecidas e que imposibilitan a legalidade da pretendida disgregación.- José Manuel Pequeño Castro, Alcalde de Dumbría.
Artigos relacionados
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])