Domingo. 03.11.2024
El tiempo

A percebeira, futbolista e deputada Paula Mouzo recolleu o premio As Boas Prácticas do Proxecto Máscaras

Paula Mouzo Premio Mascaras
A percebeira, futbolista e deputada Paula Mouzo recolleu o premio As Boas Prácticas do Proxecto Máscaras

Emotivo discurso de agradecemento que botou a camariñá Paula Mouzo (186) esta pasada noite de venres 22 de setembro recollendo un dos Premios ás Boas Prácticas Cidadáns 2023 que cada ano concede a Asociación Proxecto Máscaras. Un premio, outorgado no salón de actos da ONCE nos cantóns da Coruña, recoñecido por Rafael Lema, outro veciño do concello soneirán, premiado o ano pasado xunto a Xosé Manuel Barros.

Esta profesional do mar, patroa de pesca, mariñeira de máquinas da Mariña Mercante, percebeira e mariscadora, é voceira do PP de Camariñas e deputada no Parlamento de Galicia, ademais de futbolista no primeiro equipo feminino da historia da súa vila.

Falou sen cancelas, da súa familia, dos seus pais, da súa muller, da súa filla, e do que tanto lles ten que agradecer por aturar que se meta en todas leas dada súa incapacidade para deixar de loitar polas inxustizas.

Comentarios