FUTFEM: 16 equipos arrincan a tempada, marcada pola creación da “primeira Liga da Costa feminina”
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa

Este domingo 24 de setembro arrinca a temporada para 16 equipos do Fútbol Feminino da Costa da Morte. Un FUTFEM costeiro que hai 2 anos apenas tiña 4 equipos en competición pero cuio crecemento é exponencial.
Queremos coñecer como comezan a competición tanto os 3 equipos da 2ª División Feminina como os 12 da 3º Div. Fem., así como o Sporting Seaia que competirá este ano de estrea no F7 (empezan o 1 de outubro), e para iso, falamos cos seus adestradores e lles facemos as seguintes preguntas:
- 1.- Como valoras a revolución do FUTFEM na comarca?
- 2.- Como chega o teu equipo a este inicio de competición? Que fortalezas tendes?
- 1.- Con que aspiracións partides?
2ª Div. |
Xallas F.C. | Rupper |
U.C. Cee | Rafa Suárez | |
As Miúdas | Lucho | |
3ª Div. |
C.F. Dumbría | Fran Figueroa |
Mazaricos C.F. | Rachón (novo) | |
Ponteceso S.D. | Curro | |
Corme C.F. | Rubén Souto | |
U.D. Cerqueda | Dani Reixía | |
U.D Corcubión | Rubén Castillo | |
Outes C.F. | Dani | |
Fisterra S.D. | Fran | |
E.F.C. Camariñas | Juan Cabrejo e Pepucho | |
Cabana S.D. | Jose Manuel | |
Muxía C.F. | Congui e Isma Pose | |
Bergantiños B | Nacho | |
F7 | Sporting Seaia | Alejando Chouciño “Roque” |
2ª Div. Feminina
Xallas (Rupper)
1.- O interés do público polo fútbol feminino é claro e vai en aumento e esta revolución futbolística tiña que darse antes ou despois na Costa.
As habilidades das xogadoras e a paixón que lles poñen, algo que parece descender no masculino, engancha.
Segue habendo xente que entende o fútbol como un lugar de e para homes, ou cun trato desigual como deixarlle os peores campos, vestiarios, horarios ou vestimentas para as rapazas... Pero a maior dificultade era que non había equipo ou clubes que apostaran por elas e eso grazas a ELAS mesmas cambiou nestes últimos anos.
2.- O Xallas chega a este comezo un pouco xusto tanto de carga física como competicional xa que xogamos poucos amigables e por motivos laborais e vacacionais non estamos o noso 100% e nesta nova categoria vainos levar un tempo acomodarnos.
A nosa fortaleza espero que volva a ser a unión e a paixón que lle poñen en cada balón que estea en xogo, e que nos sonría a deusa fortuna de vez en cando que todo fai falla.
3.- A única aspiración que temos nesta nova 2ª Galicia, é a de competir en cada partido, tratando de salvar a categoría, cuns desprazamentos moito mais longos e con equipos que nos poden sorprender táctica e técnicamente por descoñecemento dos mesmos.
As Miúdas (Lucho)
1.- É unha moi boa nova, o esforzo de moita xente vai dando froitos e afortunadamente máis nenas, mozas e mulleres atrévense a iniciarse nun deporte que tan lonxe parecía que estaba. Con todo, queda moito que facer aínda, é un bo comenzo pero debes traballar en seguir avanzando que aínda estamos lonxe de, por exemplo, os senior masculinos. Ser ir mais lonxe, nos horarios dos partidos.
2.- O equipo chega con moitas gañas de competir nesta nova 2ª División. Un equipo moi moi novo, no que a nosa maior fortaleza é a ilusión e o moito que lle gusta este deporte.
3.- A nosa aspiración é intentar aprender o máximo nunha categoría con moito nivel, intentar aprender a ser competitivas e mellorar o máis rápido posible. Despois xa co avance da competición iremos vendo o nivel que temos e que obxectivo marcar.
Cee (Rafa)

1. Paréceme moi positiva a revolución máis que evolución do fútbol feminino na Costa da Morte. Esperemos que se consoliden todos os novos proxectos e se manteñan no tempo pois sería moi positivo para elevar o nivel e aumentar a competitividade do fútbol costeiro que suporía unha maior posibilidade de proxección para as xogadoras.
2.- Este ano imos xogar por fin unha liga cun alto nivel de competitividade e un nivel máis parello entre todos os equipos aínda que para nós vai ser unha tempada dura pois quizáis teñamos a plantilla máis limitada desde a nosa creación polas importantes baixas que tivemos por diferentes motivos. Ademais, unha parte importante do equipo inicia a súa andadura universitaria coa limitación que iso supón á hora de adestrar.
3. A aspiración sempre foi a mesma, conseguir a maior evolución posible das nosas xogadoras e como obxectivo deportivo do clube, este ano vai tocar loitar por non pasar apuros.
3ª Div. Feminina
Dumbría (Fran Figueroa)
1.- Pois por parte das directivas e os clubs que deron o paso valoro moi positivo, para seguir co camiño andado e que cada día máis xogadoras vexan que é posible disfrutar do noso fútbol sen mirar para fóra. A Costa ten calidade de sobra, falta que o creamos para coidala e que non nos vexan como canteira de outras zonas, o talento ten que competir e medrar aquí.
Por parte da Federación boto en falta que lles interese algo máis que o aumento das licencias e miren por facer unha competición acorde o traballo dos clubes, non o despropósito da pasada temporada.
2.- Chegamos con algunha baixa tanto por lesión como por motivos laborales, pero eso é algo que se pode dar en tódolos clubes. A nivel anímico con moitas ganas de arrancar, somos competitivas e así o demostramos na pasada temporada.
A nosa maior fortaleza é o grupo, pode soar a tópico, pero son consciente de que estou rodeado de xogadoras moi talentosas e salvo a de Ainoa, que non podía continuar, non perdemos a ninguén, mantemos o conxunto do ano anterior e aínda sumamos a Adriana, Laura e Alba, que, xunto co novo equipo cadete, nos pon nunha moi boa situación para mirar cara arriba.
3.- Se nos respetan as lesións e facemos o que hai que facer entre semana non teño dúbida de que estaremos arriba, agora ben, isto é fútbol, e cada partido é diferente, as rivais tamén melloraron e se reforzaron, outras arrancan con moi boa base e con xente ó mando que sabe faser as cousas, solo pido sorte en canto a lesións para que elas mismas demostren cal é o sitio que merecemos. E esa misma sorte é a que lles desexo ás rivales para que todas poidan disfrutar cada semana do que tanto nos gusta.
Cerqueda (Dani Reixía)
1.- Esta revolución xa comezaba a verse nos equipos de base de F8. Era cuestión de tempo que saira adiante. Aínda así, é un paso brutal nesta comarca. Só hai que ver os mapas das competicións para darse conta.
2.- O noso equipo chega coma moitos en construción, e con moitas ganas de que arranque.
3.- As únicas aspiracións son que as rapazas disfruten de todo esto, crezan tanto personal coma deportivamente. E competir o mellor posible sabendo quen somos e onde estamos.
Corme (Rubén Souto)
1.- A valoración para min é brutal, penso que nin os máis optimistas pensaban que isto ía a estoupar así de ben, e xa non só coa creación dos equipos, se non como crecen e melloran. Sempre que puiden fun ver distintos partidos e equipos nesta pretemporada e en 15 días o mismo equipo pegaba unha melloria incríble, e iso é o que máis contento me pon.
Hai moitísimo futuro no fútbol feminino da Costa, sen dúbida, hai que apostar por el por parte dos clubes e mantelo e melloralo por parte das xogadoras.
2.- O noso equipo non chega nas mellores condicións, ou polo menos nas que tiñamos planificado estar agora mismo. A parte das baixas de xogadoras que este ano por unhas cousas ou outras non puderon seguir, a fichaxe de Naroa polo Victoria A de 3° Federación, cousa que nos pon moi contentos e nos alegramos moito por ela, hai que sumarlle varias xogadoras con traballos de turnos de tarde que as impiden entrenar e incluso vir xogar alguns findes, lesións de pretemporada, vacacións, etc ... pois o dito, non chegamos o inicio como queríamos pero é o q hai e vamolo coller con moitas ganas igualmente.
3.- A aspiración para este ano é mellorar a todas as xogadoras a nivel individual e tamén como equipo cada día.
Ponteceso (Curro)
1.- Pois e algo que xa se estaba vendo vir nos últimos anos. Eu viña de entrenar 10 anos en futsal e xa por entonces había moitas rapazas novas que non tiñan onde poder xogar por idades ou falta e equipos , e agora con todos os éxitos que a nivel local e nacional que se están acadando pois e a mellor maneira de poder seguir fomentándoo e loitando porque siga así e que tod@s teñamos as mesmas opcións, pero dende logo algo que a min me enche de orgullo e ver as nosas rapazas da base poder estar adestrando o lado das sénior e das que algún día se cambiarán as tornas ou poderán xogar a par e que non hai moito era impensable.
2.- Pois creo que fixemos unha moi boa pretempada con 9 amigables disputados, e tamén temos un ano máis de experiencia no que seguro que nos axudará e nos fará seguir medrando partido a partido. Comezaremos tamén con algunha baixa importante para o inicio ligueiro, pero teño plena confianza no plantel.
A nosa gran fortaleza e ser un equipo unido e que nunca se rende , sempre seremos un óso duro de vencer.
3.- Pois esa é unha boa pregunta e o mesmo tempo moi difícil de responder xa que partimos nun grupo costeiro no que a maioría de conxuntos son de nova creación e non nos coñecemos as caras, pero as nosas intencións sempre serán intentar estar no grupo cabeceiro da liga e facer seguir medrando a este gran equipo.
Mazaricos (Rachón)

1.- Valóroo dunha forma moi positiva xa que esto dou pé a poder crear a primeira Liga da Costa feminina, unha oportunidade moi boa para elas xa que coñeceran o Fútbol da Costa de primeira man. Outro aspecto positivo da creación de tantos equipos costeiros, é a reducion dos desprazamentos para elas xa que os primeiros anos de fútbol 7 tiñan que desplazarse ata Lugo para poder xogar e agora a maioria dos partidos son preto da casa.
2.- O equipo chega con moita ilusión xa que a liga vai a ser moi competitiva. Ao final o ano pasado estaban nunha liga na que a diferencia entre as de arriba e as de abaixo era moi notable. Este ano a maioría dos equipos teñen planteis semellantes e iso axudara a que poidas competirlle o partido a casi calquera equipo.
O equipo defínese por un xogo combinativo xa que temos rapazas con moi bo pé. Aparte temos unha mezcla de veteranía (con xogadoras como Tamara, Graciela ou Ánxela con moita experiencia) e xuventude (a maioria do plantel ten menos de 20 anos).
3.- Temos como único obxectivo seguir mellorando e seguir traballando sobre as bases que deixou Borja Sueiro. Ao final intentamos que as rapazas se sigan contaxiando e que cada vez haxa máis equipos e máis xogadoras na comarca.
Corcubión (Rubén Castillo)
1.- Pois positivamente. Penso que foi un acerto esta nova categoría e que estamos só no comezo, queda moito que recorrer como que haxa adestradoras ou crear esas rivalidades sanas entre equipos da mesma zona pero a ilusión por empezar é grande e é un bo comezo.
2.- Chega con moitas ganas de facer un bo papel e poder demostrar o potencial que ten. Como principal fortaleza diría que son un equipo moi unido, que se conocen á perfección e con confianza.
3.- Pois ganar o primeiro partido e ir mellorando un a un.
Outes (Dani)
1.- É unha maravilla que as rapazas e as mulleres da comarca se animen a participar, e por descontado os clubes. Cantas máis sexamos moito mellor. A revolución do fútbol femenino está comezando e vai ir a máis seguro.
2.- Nós estamos comezando nesta aventura, así que o ínico que podo dicir é que chegamos con moitas ganas de facelo ben e aprender.
Fortalezas? Eu creo que a mellor que temos e o enorme grupo que forman as xogadoras, onde se apoian unhas a outras. E por suposto a masa social que nos acompaña sempre en Outes.
3.- Non nos marcamos ningunha aspiracion máis aló de aprender e mellorar.
Fisterra (Fran)
1.- Penso que era importante que medrara e esperemos que veña para quedar moitos anos xa que a xente non para de preguntar para xogar, os campos de futbol teñen moita afección. Pola parte que a min me toca todo mundo me pregunta cando xogamos.
2.- O meu equipo chega a este inicio de temporada con moita ilusión e gañas por ser a primeira vez que vamos poder competir. A fortaleza que temos, sen dubidalo, penso que é a unión e bo compañeiras que son tendo en conta que no meu equipo as idades oscilan entre os 14 anos e os 53, de feito, teño nai e filla xogando xuntas.
3.- As nosas aspiracións, sendo un equipo novo, son as de aprender e competir o máximo todos os partidos e co paso dos partidos que a xente nos siga apoiando como esta pretemporada. Desde a nosa parte intentaremos responder con moito traballo para que a xente se anime e poder crear una base para o futuro.
Cabana (José Manuel)
1.- Positivamente xa que ata agora había moi poucas opcións de practicar o deporte que lles gusta e tiñan que desprazarse, e co aumento de equipos pois todo é máis doado e a afección das nenas polo fútbol irá en aumento.
2.- Como todos os equipos que se fan por primeiro ano, chegamos con moita ilusión pero conscientes de que acabamos de empezar e queda moito que aprender e mellorar pero coa actitude inmellorable que están tendo as xogadoras creo que imos progresar segundo avance a competición.
3.- As nosas aspiracións resúmense en dúas palabras: "divertirse e competir'. Sabemos que de momento non podemos compararnos con equipos con máis experiencia e recorrido que nos pero trataremos de ser competitivas como parte do aprendizaxe e sen pensar en clasificacións.
Bergantiños B (Dani)
1.- Valóroa positivamente xa que o considero o inicio de algo que, dentro duns anos, vaille dar moito a este deporte e cada xeración vai ser mellor. Moitas nenas xa se interesan polo fútbol con unha curta idade e, gracias a que moitos clubs están creando equipos femeninos, esas nenas é fácil que atopen un cerca da casa e non se teñan que desplazar para poder practicar o deporte que lles gusta.
2.- O equipo chega sabendo o que ten, sabendo que vai ser un ano lungo xa que todo o noso equipo é cadete excepto 3 xuvenís, non temos ningunha xogadora Senior. É un equipo curto, que nunca xogou fútbol 11 90 min contra mulleres de maior idade e teñen claro que temos que competir cas que somos. Traballan ben, fan o que se lles di, e é un bo grupo. Eu personalmente estou encantado con elas e intento dicirllo sempre que podo. Podo falar con elas e elas comigo sen problema. Esa é a nosa fortaleza, o grupo, coñécense, lévanse ben e queren xogar xuntas, se unha non pode dar o 100% hai outra para cubrir ese puntual baixo rendemento e, sendo as que somos, non podo facer mais que agradecerlles a sua implicación.
3.- Aspiracións? Ningunha, tratar de competir contra equipos superiores en idade e físico. Xa o vimos en pretemporada, partidos que dominamos e por 2 detalles escápanse, partidos que podemos gañar e un rebote nos últimos minutos fastídianos. Hai cousas e elas sábeno, só temos que saber potencialas dentro do esperado hándicap de ser inexpertas.
Muxía (Isma Pose)
1.- Penso que é un paso adiante a creación de tantos equipos costeiros este ano. O futbol feminino é algo que que está crecendo e o feito de que as rapazas teñan a posibilidade de xogar no equipo dos seus pobos fai que o Fútbol da Costa se enriqueza aínda máis. O seguinte paso sería crear máis equipos de fútbol base para que as rapazas podan empezar a xogar desde pequenas e non ter que buscar equipos fora si queren xogar o fútbol.
2.- Levamos moitos meses entrenando e as rapazas chegan con muitas gañas e ilusión de empezar a liga xa que para moitas é a primeira vez que van a competir. Penso que a nosa maior fortaleza é o sacrificio que como di a nosa capitana Patri Romaní, xunto con Barca as dúas veteranas que volven a casa para arrincar o proxecto: “aquí non se negocia unha carreira”.
3.- Non temos ningún obxectivo en concreto para esta liga, intentaremos saír a competir o mellor posible cada partido e sobre todo que as nosas Corviñas disfruten e aprendan individual e colectivamente.
Camariñas (Juan Cabrejo)
1.- Creo que o fútbol feminino na Costa está en auxe, ao igual que no resto de Galicia. A clave para min é que as mulleres deron un paso adiante e deixaron atrás a vergonza e o "que dirán" por ser un xogo considerado masculino. Penso que a visibilidade cada vez é maior, partidos televisados, prensa, etc… fan que suba o interese e as gañas por xogar. A isto súmaslle o Campionato mundial e as licencias suben como a escuma.
2- Na nosa Escola, debido á gran demanda de interesadas, creamos o equipo feminino sobre todo pensando no futuro das nenas que están en categorías inferiores e que deste xeito non teñan que marchar para ningún outro clube porque teñen a posibilidade de xogar no seu equipo senior.
3.- Esta tempada para nós vai ser de aprendizaxe, somos novatas e teremos que aprender cousas en cada partido, pero tamén vai ser a tempada da ilusión. Somos un plantel moi amplio, no que vai costar facer cada convocatoria e na que disfrutaremos cada fin de semana. Non nos poñemos ningún obxetivo máis alá do de poder participar e disfrutar desta liga.
F-7
Sporting Seaia (Alejando Chouciño “Roque”)
1.- Impresiona bastante o crecemento que tivo de fai uns 5 anos para aquí, e dende fai 2 xa nada… Traballaremos para fomentar este deporte para que as xogadoras que tiñan que desplazarse para poder xogar xa non teñan necesidade de facelo, e para que as novas xogadoras lles guste e non o deixen o primeiro ano.
2.- O equipo chega con gañas de empezar a liga e empezar a medirse a diversos rivales, de máis e de menos nível, o importante para elas e coller partidos, xa que é o primeiro ano para practicamente todas.
3.- As aspiracións, como club, non son só manterse, senón que tamen seguir medrando. A directiva fai un gran esforzo para poder sacar a competir 2 equipos dun sitio como Seaia que non deixa de ser unha pequena aldea. Como equipo as aspiracións non son outras que aprender a competir, das que estou seguro que o conseguiremos.