Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación


Vén de emitir o Xulgado de lo Penal Nº3 da Coruña un auto no que condena a 4 anos de inhabilitación ao alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, “Pichurri”, por un delito de prevaricación. Unha sentencia, en todo caso, que aínda non é firme e que van recurrir con total seguridade.
O caso remóntase á 2009-2010 cando o alcalde contrataba a un compañeiro de partido, unha persoa do PSOE de Camariñas, en contra do informe de Secretaría. Un detalle fundamental este, porque supón unha contratación ilegal que non pode ampararse nun defecto técnico, que se podería solventar cunha multa.
O asunto foi destapado despois do remate do contrato desta persoa, que non rematou a ben co partido, que acabou involucrando ao PP na denuncia, a partir de onde a Fiscalía comezou a actuar. Deste xeito, e unha vez que a denuncia xa ten máis de 5 anos, o caso non prescibiu (serían 4 anos).
Deste xeito, e a pesar de todas as denuncias que ten enriba (sobre todo temen á Trama dos Seguros, este caso pode pode chegar a inhabilitar e supoñer o final político de Pichurri.
Ábrese ademais a veda, e seguimos pendentes de numerosas imputacións, como as da Operación Orquesta, á espera do xuízo oral dos acusados ceeses.
Novas relacionadas
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).