Piden a mellora da estrada e a creación dunha senda peonil entre Lexas e a Ponte do Porto

As dúas alcaldesas de Camariñas e Vimianzo uníronse onte para presentar na Axencia Galega de Infraestruturas un proxecto para a execución dunha senda peonil entre Lexas e a Ponte do Porto. A proposta inclúe a mellora da estrada autonómica AC-432, entre os dous núcleos, un vimiancés e outro camariñán.
A pesar de ser un tramo corto, duns 640 metros, é moi utilizado polos veciños e veciñas dos núcleos de Lexas e Ponte do Porto xa que á saída deste último atópase o IES Plurilingüe Pedra da Aguia e ademais hai frecuentes desprazamentos de persoas entre ambos núcleos.
Tanto Insua como Rodríguez aseguran que “desde a Axencia amosáronse receptivos á proposta e anunciaron que estudarán o proxecto para analizar a viabilidade da proposta escollida e evitar expropiacións na medida do posible”.
Mónica Rodríguez e Sandra Insua na Xunta