Sofán e Cee, grandes triunfadores da Copa da Costa base
Rematou esta fin de semana a competición oficial no fútbol da Costa. Ademais dos ascensos de Xallas e Cee en sénior, estes sábado e domingo depararon as finais das #CopadaCosta de base. Sofán e Cee foron os grandes triunfadores do fútbol base.
O Sofán quedou campión das Copas Xuvenil e Cadetes tras vencer en sendas finais ao Outes. Ademais, o Cee venceu ao Xallas na Copa da Costa Infantil.
Cee campión infantil
O equipo de Abraham, e os xogadores do primeiro equipo Alex Muíño e Jorge Ramos, superaron un choque moi complicado ante o cadro xalleiro, adestrado por Anxo Romero. Felipe Mayán adiantaba aos ceenses, pero Bruno Pose empataba antes do descanso. Non foi ata 15 minutos antes do final cando Santiago Pulido puxo o 2-1 definitivo.
Sofán, campión en Cadetes e Xuvenís
En canto á Copa de cadetes, o cadro do Sofán, dirixido por Samuel Baña, venceron remontaron o gol inicial de Xoel Dosil para os de Carlos Romero, pero os tantos de Adrián de Jesús, Iván Domínguez e Matías permitían a remontada e sacar o título.
Os Xuvenís carballeses, adestrados por Jaime Rod. e Jorge Canedo, foron claros dominadores marcando moi pronto con Marcos Pose, sentenciando ao comezo da sebunda cos tantos e Pedro e Joel.

