Polo patrimonio da Costa da Morte
19:10 17/08/14
Seguimos espallando a campaña do GDR Costa da Morte de dinamización, coidado, e disfrute da nosa bisbarra. Unha campaña enfocada a demostrar todo o noso potencial, para facelo máis visible ao visitante, pero tamén para sacar o noso orgullo e facer que que sexamos conscientes, nós, os veciños, de todo o que temos. Unha campaña para coidar o noso patrimonio.
Desta volta toca recordar a riqueza do noso patrimonio, tanto o natural como o etnográfico ou arquitectónico. Falamos de praias, montes, ríos… falamos de muíños, hórreos, cascos históricos, faros, igrexas de lenda, pazos e castelos… falamos de Camiño, falamos de Costa da Morte.
”Para vivir, quero Costa da Morte”
GDR-Costa da Morte
O GDR 3 abrangue unha ampla zona costeira, incluíndo Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Pretende afianzarse como núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación. Así que se tes un proxecto empresarial, e necesitas axudas, non dubides en poñerte en contacto con eles.Máis información
- 981 71 73 58 (Centraliña).
- www.gdrcostadamorte.com.
- Twitter: @GDRCostadamorte.
- Facebook GDR Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Unha campaña para gozar, e coidar, a Costa da Morte.
- Unha campaña para Vivir a Costa da Morte.
- Xullo 2014: O GDR Costa da Morte aproba dous novos proxectos.
- Maio 2014: Unha fábrica de piensos e unha carpintería melloran a súa maquinaria coas axudas do GDR.
- Abril 2014: O GDR subvenciona 3 novos proxectos en Vimianzo.
- Marzo 2014: O GDR aproba 2 novos proxectos relacionados co Camiño e un Taller de calzado.
Fonte
- Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte.